Queremos darche a benvida ao Foxo!

Seguinte post

Nenos da Estrada. Nenos da estrada da Vida. Nenos que serán homes e mulleres dun abrente. Nenos ateigados de sorrisos e bondade, que portarán nos seus beizos bicos de leite e pan.

Pois claro... Claro que virán máis. Moitos máis. Virán milleiros deles, milleiros de nenos de todas as cores e nacións. Milleiros... E entón, sen dármonos conta, ocuparán todos os recunchos do (Uni)verso portando nas súas mans: Luz, Paz, Xustiza e Dignidade.