Axudas ao estudo. Curso 2013/14

O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada pon en marcha dous tipos de axudas dirixidas ás familias que reúnan os requisitos establecidos nas Bases para a Concesión de Axudas ao Estudo: 

  • Axudas para libros e material escolar para Educación Infantil. Máximo 90 € por alumno/a.
  • Axudas para o pago do comedor escolar (Educación Infantil e Primaria).

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello da Estrada ata o 23 de setembro. O modelo para a solicitude das axudas pódese recoller na Secretaría deste Centro ou na Oficina de Servizos Sociais do Concello.

Un saúdo,

 Asdo./ Rosa Mª Ferreira Castro

                                                                                  Directora do Centro

Ligazón ao Boletín Oficial de Pontevedra (Páxina 25 a 31)